Unha aplicación achega BitTorrent a Windows Phone 8

mércores, 24 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Aínda que estamos afeitos a que as ferramentas de intercambio de ficheiros sexan de uso exclusivo dos ordenadores persoais, tamén é posible empregar o P2P dende o móbil, e como exemplo temos a estrea de wpTorrent, unha aplicación para Windows Phone 8 que ofrece a posibilidade de descargar ficheiros da rede BitTorrent. A aplicación custa 3,99 euros pero tamén conta cunha versión de balde que inclúe publicidade e limita as descargas a 200 Kbytes/seg.
wpTorrent permite configurar as condicións das nosas descargas (limitando a velocidade de subida e baixada, asignando prioridade aos ficheiros, elixindo o porto a través do que descargar os contidos...), soporta ligazóns magnéticas, integra reprodutor de música e vídeo, conta cun xestor de ficheiros cun servidor web (para facilitar o acceso aos contidos descargados dende outro dispositivo), xestiona motores de busca e ten unha función de aforro de enerxía que detén a aplicación cando as descargas están completas, non temos Wi-Fi ou o nivel de batería é baixo.

PUBLICIDADE