Unha aplicación móbil informa do estado das mareas na praia das Catedrais

mércores, 26 de marzo do 2014 Marcus Fernández

A empresa luguesa de desenvolvemento informático Ardinova estreou este mes unha aplicación móbil dispoñible de balde para iPhone e para Android que informa sobre o estado das mareas da praia de A Catedrais, de xeito que os turistas que a visitan poidan saber as horas nas que poden acceder ao areal, á vez que tamén poden coñecer a predición meteorolóxica para a xornada.
Preténdese así atender a unha demanda de información dos milleiros de visitantes que todo o ano recibe a popular praia de As Catedrais, votada como unha das mellores praias do mundo polos usuarios de TripAdvisor, para contemplar as súas fermosas bóvedas rochosas de ata 32 metros de altura que o mar e o vento esculpiron na costa, pero que quedan agochadas á vista na preamar, de aí que resulte de tanto interese coñecer o estado da marea para planificar as visitas a esta praia de ata 12 metros de largo e 1.400 de longo.

PUBLICIDADE