Unha aplicación para Android permite seguir RadioVoz en directo

luns, 21 de novembro do 2016 Marcus Fernández

Non sempre resulta doado poder escoitar a radio en directo, por non contar cun transistor a man ou simplemente andar en mobilidade, e dado que agora son moitos os smartphones que carecen de sintonizador de radio FM, dende RadioVoz veñen de estrear unha ferramenta de grande utilidade para os seus oíntes: unha aplicación móbil para Android.
O novo programa é moi sinxelo, pretendendo ter unha utilidade moi básica e directa: poder escoitar a distintas emisoras de RadioVoz dende smartphones e tabletas, de xeito que xa non hai que estar preto dun receptor de radio ou incluso dentro da zona de cobertura dunha emisora local para poder escoitar en vivo a súa programación. Até o momento esta posibilidade quedaba limitada á páxina web da radio da Corporación Voz, pero agora ábrese a móbiles con Android e aseguran que en breve contarán tamén con aplicación para iOS.

PUBLICIDADE