Unha aplicación para o iPhone permite emular unha guitarra eléctrica na súa pantalla táctil

luns, 21 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Unha das aplicacións para o iPhone e iPod Touch mellor acollida é posiblemente PocketGuitar, desenvolvida por Shinya Kasatani, e que presenta en pantalla as cordas dunha guitarra (configurable coma guitarra electro-acústica, baixo eléctrico ou guitarra distorsionada) que se pode tocar na pantalla táctil do móbil de Apple, de xeito que se converte en toda unha guitarra virtual.
A aplicación permite marcar acordes e premer as cordas interpretando temas dun xeito medianamente aceptable, coma se pode ver no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE