Unha aplicación permite migrar de Windows Vista a XP

martes, 25 de setembro do 2007

Os problemas que teñen certos usuarios (especialmente en contornos corporativos) con sistema operativo Windows Vista levou a Microsoft a lanzar unha ferramenta para as versións Business e Ultimate que permite involucionar o Windows ata XP, sendo Lenovo o primeiro fabricante en permitir a súa descarga.
A compañía de Redmond estreou a aplicación para facilitar ós usuarios o cambio de sistema operativo a unha versión anterior de xeito que respectarán as licenzas de uso adquiridas, ou sexa, que aínda que mercaran un equipo con Vista preinstalado, poderán usar XP sen ter que mercar unha copia de tal sistema operativo.

PUBLICIDADE