Unha empresa galega instalará teléfonos de moedas en Portugal

mércores, 8 de novembro do 2006 Marcus Fernández

A pasada semana celebrouse o Salón Internacional de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (SITIC) na Feira Internacional de Lisboa, na que destacamos a presenza da compañía galega Telemo Comunicacións, que vén de marcar un fito histórico por ser a primeira empresa con capital español que rache co monopolio nas cabinas de Portugal Telecom.
Durante o evento luso Telemo Telecom regalou 100 tarxetas prepago en chamadas internacionais que repartiu entre os primeiros visitantes ó seu expositor no que amosaron os seus teléfonos de moedas, as súas tarxetas prepago para chamadas internacionais e as liñas ADSL para emrpesas.
Telemo ten a intención de instalar 1.500 teléfonos de moedas en Portugal nos vindeiros 2 anos.

PUBLICIDADE