Unha operadora francesa incorpora descargas de música ilimitadas á súa oferta combinada de telefono, televisión e Internet

martes, 21 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Grazas ós sistemas DRM hai compañías que permiten a descarga ilimitada do seu catálogo musical mediante subscrición (xa que os ficheiros deixan de ser reproducibles de non renovarse a súa licenza de uso) pero en Francia o provedor de acceso á Rede Neuf Cegetel destacan por incluír tal oferta dentro do seu servizo integrado de Internet, televisión e teléfono.
Os clientes que se acollan á oferta Neuf Box contarán con acceso á Internet por ADSL de ata 20 Mbps, telefonía (con chamadas de balde a teléfonos fixos franceses e con opción para engadir 50 países máis do mundo) e televisión (73 canles ampliables mediante distintos paquetes) por só 29,90 euros/mes, podendo tamén a un catálogo de máis de 150.000 cancións e 3.000 videoclips de Universal Music que se poderán reproducir sen problemas no ordenador, pero que para utilizarse en reprodutores multimedia portátiles estarán restrinxidos ós que soporten a tecnoloxía DRM de Microsoft.

PUBLICIDADE