Unha plataforma de ecommerce e unha web que mestura realidade virtual e arte, Premios AJE Ferrolterra
luns, 29 de novembro do 2021
O
pasado venres a Sala Cureñas do ferrolán Castelo de San Felipe
acolleu a gala de entrega de galardóns dos Premios Empresario/a
Novo/a e Iniciativa Emprendedora convocados por AJE Ferrolterra. Na
cita, na que se recoñeceron as mellores iniciativas de mercado do
último ano, participou unha parte moi relevante do tecido
empresarial da comarca. Finalmente distinguiuse a páxina web
MiChollo.com e máis a proposta
de arte e tecnoloxÃas Realidade Virtual Acercarte.
- O responsábel de Michollo.com recibindo a distinción
Os
premios deste ano contaron con patrocinadores de excepción, Xunta de
Galicia, Concello de Ferrol, Concello de Narón, Deputación da
Coruña, Escola de Finanzas Business School da Coruña, Abanca,
Gadis, Cándido Hermida, e AJE Galicia.
O
acto contou coa intervención do presidente de AJE Ferrolterra, LuÃs
González Rey, o presidente de AJE Galicia, Luciano Cobelo e o
Conselleiro de EconomÃa, Francisco Conde.
Neste
certame, AJE Ferrolterra
repartiu premios valorados en 20.000 euros. Como dixemos, o
Premio Empresario Novo recaeu en en MiChollo.com, innovadora
plataforma de venda en liña con todo tipo de produtos a prezos moi
competitivos. O seu socio Alberto Cinza agradeceu o seu recoñecemento
e mostrou o seu orgullo de ter participado nestes galardóns.
Pola
súa banda, o Premio Iniciativa Emprendedora foi para Acercarte,
proposta impulsada por Eva Cayetana Somolinos que salienta por
combinar sinestesia, música, arte e Realidade Virtual, logrando unha
pioneira e innovadora experiencia multisensorial.
O
accésit á innovación foi Abzú, de Gabriel Torrente, unha
iniciativa para converter os portos en lugares máis próximos,
transparentes e máis áxiles para o comercio internacional, botando
man de tecnoloxÃas de cadea de bloques (blockchain).
Pola
súa banda, o o accésit á RSE foi para ADS TecnoloxÃas, proxecto
impulsado por Alberto Hermida, que consiste en ofrecer ás empresas
un servizo integral no mercado IT, constituÃdo por desenvolvemento
de software, páxinas web, CRM, ERP, etc.