Varias cidades norteamericanas permiten seguir as cámaras de tráfico dende o móbil

mércores, 25 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Varias cidades norteamericanas gozas dun servizo desenvolvido pola empresa neoiorquina 3rd Dimension que permite levar as imaxes das cámaras de tráfico en directo aos móbiles, o que resulta moito máis ilustrativo de atascos e conxestións da circulación de vehículos que un mero informe radiofónico, facendo máis doado prever retencións e planificar vías alternativas.


Vídeo de presentación do servizo norteamericano

Actualmente New York, Los Angeles, Knoxville, Kansas City, Indianapolis e Houston teñen este servizo operativo e máis de 10 cidades estadounidenses están á espera de implantalo, de xeito que esta funcionalidade cumpre cunha función de servizo público (aínda que polo momento captou a poucos usuarios).
En España tamén é posible acceder a imaxes dalgunhas cámaras de tráfico a través da páxina web da Dirección Xeral de Tráfico, pero son poucas e non amosan vídeo en tempo real, polo que a experiencia americana podería trazar o camiño a seguir no futuro.

PUBLICIDADE