Varios fabricantes de ordenadores poderían pedir indemnizacións a Sony polos fallos nas súas baterías de portátiles

mércores, 18 de outubro do 2006

Os fallos nas baterías de portátiles de Sony levou a varios fabricantes de ordenadores a ter que substituír multitude de baterías por risco de incendio ou explosión, o que lles ocasionou un claro prexuízo na súa imaxe, polo que poderían tomar medidas legais contra a compañía nipona para pedir unha indemnización, xusto nun momento no que a propia Sony está a substituír baterías dos seus propios portátiles que presentan o fallo máis escandaloso do ano.
Toshiba está a retirar 830.000 baterías fabricadas, Fujitsu xa retirou 338.000 e Hitachi devolverá 16.000, e as 3 compañías están pensando en pedir compensacións a Sony, o que se podería agravar se outras empresas afectadas coma Apple, IBM ou Dell se suman ás demandas, xa que en total xa o total de baterías retiradas do mercado superou os 7 millóns de unidades, afectando especialmente ó fabricante Dell, que se gañou a sona dun fabricante de portátiles perigosos (pois retirou 4,1 millóns de baterías).

PUBLICIDADE