Venden 20 millóns de Samsung GALAXY S4 en só 2 meses

mércores, 3 de xullo do 2013 Marcus Fernández

O volume de vendas dos móbiles Samsung GALAXY S nas súas distintas iteracións non para de medrar, conseguindo o último GALAXY S4 vender máis de 10 millóns de unidades en menos dun mes, e agora, dende a prensa surcoreana adiantan que Samsung vai anunciar que conseguiron superar os 20 millóns de móbiles GALAXY S4 en 2 meses, en contraste cos 100 días que tardara o GALAXY S4 en conseguir tal impresionante volume de unidades colocadas.
As previsións para este móbil de éxito continúan a ser boas, agardándose que no terceiro trimestre supere os 25 millóns de unidades vendidas, o que só é a punta do iceberg das vendas de Samsung, que ten como obxectivo vender uns 350 millóns de smartphones durante este ano, cando o ano pasado vendera aproximadamente 200 millóns.

PUBLICIDADE