Verizon propón a tecnoloxía P4P coma complemento ó P2P

luns, 17 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Comparación entre a descarga directa, o P2P e o P4P

O uso de tecnoloxías P2P por parte dos usuarios supón todo un problema para moitos provedores de acceso á Internet, que ven como os equipos seran un tráfico inmenso na súa rede sen precisar dunha intervención directa dos usuarios, polo que, mentres algúns ISP poñen atrancos ó intercambio de arquivos, Verizon sorprende presentando unha alternativa que dá en chamar P4P, e que suporía unha evolución da estrutura pura do P2P para que cargue menos as redes e combine unha aforro para as operadoras e un mellor servizo para o usuario final.
O P4P deseñouse coa tecnoloxía BitTorrent en mente, construíndo un rastrexadores (servidores que levan conta dos usuarios que comparten e descargas uns ficheiros determinados) intermedios (iTrackers) que farían un seguemento da topoloxía das redes para facilitar os intercambios de ficheiros, de xeito que se procuraría que os intercambios de ficheiros se producisen entre usuarios do mesmo operador, ou sexa, os máis próximos, o que funcionaría a mellor velocidade e aforraría tráfico entre operadores.
Agora queda por ver se as operadoras de todo o mundo abrazarán esta solución tecnolóxica que parece mesturar con acerto as necesidades dos usuarios e das súas operadoras de acceso.

PUBLICIDADE