Videoconferencia para aprender a elaborar centros florais de Nadal

xoves, 10 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Cartel promocional do obradoiro no Concello de Melide

De 10:00 a 12:00 horas os telecentros de Becerreá, Melide, O Barco de Valdeorras, Verín, Abegondo e Vimianzo participarán nunha multivideoconferencia obradoiro de adornos de Nadal organizada polos concellos dos 2 últimos telecentros mencionados, e que permitirá que persoas de todas as idades poidan aprender a realizar centros florais con motivos de Nadal.
A concelleira de Cultura de Melide, Conchi Castro, asegurou que «este tipo de actividades están a espertar moita demanda entre a veciñanza, como se está vendo nos obradoiros interxeracionais que o Concello está celebrando polas tardes nos locais sociais das parroquias e nos que a xente maior volve empregar estes espazos para relacionares, facer artesanía coas súas propias mans e soñar o Nadal».

PUBLICIDADE