Artigos desta sección
Os xogos Rock Band e Guitar Hero impulsan a venda de descargas musicais
A baixada de vendas de música en CD contrasta coa música para o móbil e agora tamén coas descargas dende videoxogos, pois Rock Band e Guitar Hero III parece que se terán que ter en conta dende o sector musical, xa que o primeiro xogo xa superou os 2,5 millóns de cancións descargadas, mentres que o último Guitar Hero superou os 5 millóns de temas. Estes xogos (...)
Ler máisO novo xogo de Star Wars para Wii tirará proveito dos controis da consola de Nintendo
Os responsables do desenvolvemento do agardado xogo Star Wars: The Force Unleashed para Nintendo Wii adiantaron algúns detalles sobre o manexo do xogo, asegurando que o mando da Wii servirá para atacar coa espada de luz, de xeito que detectará a dirección na que se move o mando aínda que a relación co movemento da espada no videoxogo non será 1:1. Amais, o (...)
Ler máisPreparan un xogo RPG para a vella consola Megadrive
Que en febreiro de 2007 lanzasen un xogo para a desaparecida consola Dreamcast de Sega era unha sorpresa, resulta moito máis abraiante que un grupo de programadores estean a traballar nun xogo para Megadrive (consola con xa 20 anos de idade). Pier Solar and the Great Architects é un título dentro do xénero RPG e a súa produción responde ó interese de 9 (...)
Ler máisSuper Smash Bros. Brawl para Nintendo Wii sairá no Xapón o vindeiro día 31
O agardadísimo xogo de loita para a Nintendo Wii que nos permite enfrontar a personaxes coma Mario, Sonic, Solid Snake, Link, Donkey Kong ou Pikachu sairá finalmente no Xapón o vindeiro día 31, e para incrementar a expectación a revista Famitsu publicou unha longa reportaxe na que analiza o Super Smash Bros. Brawl dándolle a nota máxima (un 40) de xeito que (...)
Ler máisCall of Duty 4 chegará ós Mac en maio
Un dos xogos de acción en primeira persoa máis destacados de 2007 foi Call of Duty 4: Modern Warfare, que saíu no mes de novembro para PC, PS3, Xbox 360 e Nintendo DS, e agora Aspyr anuncia que para o mes de maio terá lista unha versión do xogo para Mac. Deste xeito, os usuarios de equipos de Apple poderán achegarse a un dos mellores títulos multixogador do (...)
Ler máisFriendware presenta o simulador de trens, Trainz Classic
A compañía de videoxogos Friendware vén de presentar ó a última entrega da súa coñecida serie de simuladores ferroviarios Trainz, o Trainz Classic, que é o máis potente e completo da saga e, segundo afirman os seus creadores, “tamén do mercado”. O Trainz Classics inclúe dúas liñas ferroviarias totalmente detalladas: The Harlem Line, a liña de Nova York que recrea (...)
Ler máisAssassin’s Creed contará cunha precuela para Nintendo DS
O impresionante xogo para PS3 e Xbox 360, Assasin’s Creed, tamén contará cunha versión para a Nintendo DS, que será unha precuela da entrega para consolas domésticas. Assasin’s Creed: Altaïr’s Chronicles está a ser desenvolvido por Gameloft e será radicalmente diferente á versión para móbiles, pois se baseará na acción acrobática, aproveitando as habilidades do (...)
Ler máisPokémon Ranger 2 sairá no Xapón en marzo
O éxito da Nintendo DS parece ser froito dos seus xogos, polo que os posuidores desta consola poderán aledarse ó saber que o xogo Pokémon Ranger, que levou á súa consola a liderar as listaxes de vendas de videoxogos o pasado mes de abril (superando mesmo ó Brain Training), contará pronto (chegará ás tendas niponas en marzo) cunha secuela segundo se puido ver na (...)
Ler máisNintendo DS dá a nota na listaxe dos xogos máis vendidos de decembro
O Nadal e os días previos e posteriores son sempre (xeralmente nesta orde) datas de excesos gastronómicos e mercantís, pero tamén de prognósticos e de recontos. Destes últimos imos falar precisamente agora, e máis polo miúdo no que atinxe ós videoxogos e ás consolas, que son dous asuntos que, a fin de contas, van ligados ás pasadas datas coma a venda de (...)
Ler máisTetrical, un novo Tetris 3D en Flash
Cando Alexey Pajitnov creou o xogo Tetris non imaxinou que as pezas caendo inspirarían a tantos xogos semellantes durante os seguintes 23 anos, e o último que coñecemos é Tetrical, que funciona con pezas tridimensionais complicando máis o xogo. Tetrical é un xogo de balde en Flash, polo que só hai que visitar á súa web para botar unha partida, existindo tamén (...)
Ler máis0 | ... | 6280 | 6290 | 6300 | 6310 | 6320 | 6330 | 6340 | 6350 | 6360 | ... | 6620