Artigos desta sección
Os Power Rangers chegan á Nintendo DS
Hai un par de semanas os usuarios de PC e PS2 puideron achegarse a un novo videoxogo dos Power Rangers que vén de chegar na súa versión para Nintendo DS espallando a coleccións de xogos baseados nesta franquicia televisiva que xa ten 15 anos de vida. Power Rangers: Super Legends para Nintendo DS ofrece 24 misións con secuencias de intensos combates, moitos (...)
Ler máisDous galegos gañan un campionato mundial de World of Warcraft
O Championship Gaming Series (CGS) celebrado en Los Ángeles nos pasados días congregou a xogadores de todo o mundo que mediron a súa pericia en distintos xogos, pero que no categoría de 2 contra 2 do World of Warcraft: Burning Crusade sorprendeu cunha vitoria galega. O equipo wts skill, composto por Francisco Javier Fearwar de la Peña Ojea e Néstor (...)
Ler máisOs eurodeputados danlle o visto bo ó Imperium Civitas como ferramenta educativa
Por primeira vez, o órgano máis importante da Unión Europea, o Parlamento Europeo, vén de abrir as portas a unha iniciativa que, baixo o lema Aprende xogando coa Historia, quere amosar que os videoxogos (amais de divertir) poden ser eficaces ferramentas de transmisión de coñecementos e de estimulación para a aprendizaxe, especialmente entre os máis novos. O (...)
Ler máisA revista EGM publica novos detalles sobre Street Fighter IV
Aínda que faltan moitos meses para o seu lanzamento, xogo Street Fighter IV non para de dar que falar, pois os seguidores da saga de loita máis popular de tódolos tempos discutiron moito trala aparición do vídeo promocional deste novo título, xa que parecía presentar unha aparencia tridimensional realista do xogo, o que parecía traizoar o espírito do xogo. O (...)
Ler máisDon King dará o seu nome a un novo videoxogo de boxeo
O coñecido promotor puxilístico Don King apadriñará o xogo de boxeo Prizefighter, que sairá na primavera de 2008 e pretenderá facer un achegamento cun realismo inédito ó deporte das 12 cordas. O novo xogo correrá da man de 2K Sports, a división deportiva de Take-Two Interactive, e chegará ás consolas Xbox 360, Nintendo Wii e Nintendo DS. O presidente da compañía, (...)
Ler máisO esquío Alvin terá película e videoxogo este mes
O vindeiro 21 de decembro a serie de animación de Alvin y las Ardillas terá unha adaptación á pantalla grande na que un Jason Lee de carne e oso convive cuns esquíos cantantes xerados en 3D que non se quedarán nas salas de cine, senón que tamén invadirán as pantallas das consolas PS2, Nintendo DS, Wii e mesmo para PC a través un videoxogo baseado na película e (...)
Ler máisBrain Challenge para iPod axuda a manter a mente activa
O desenvolvedor de xogos para móbiles Gameloft adaptou o Brain Challenge para os reprodutores iPod nano de terceira xeración, os iPod de quinta xeración e o iPod classic, polo que os usuarios destes dispositivos con capacidades de xogo poidan mercalo a través da tenda de iTunes por 4,99 euros. Brain Challenge inclúe 20 minixogos que buscan manter en forma a (...)
Ler máisNamco prepara un xogo de esquí para o Wii Balance Board
O Balance Board promete ser un periférico que dará moito xogo na Nintendo Wii, pois non só se empregará cos distintos xogos incluídos no Wii Fit, senón que fabricantes coma Namco xa anuncian que farán desenvolvementos para esta táboa que detecta os movementos do xogador. O xogo co que se estreara Namco para o revolucionario periférico será de esquí, e se (...)
Ler máisA Nintendo Wii podería esgotarse este Nadal
O pasado Nadal o obxecto de desexo para moita xente foi a Nintendo Wii, que foi o produto máis difícil de atopar, pois se esgotou en tódolos puntos de venda, de xeito que só se puideron facer coa consola nipona os compradores que a reservaron con tempo, e a situación, aínda que dun xeito menos radical, podería replicarse nas vindeiras semanas pois, aínda que a (...)
Ler máisO novo xogo de Star Wars terá versión para a plataforma móbil N-Gage
Nokia, THQ Wireless, Lucasfilm e LucasArts anunciaron que o xogo Star Wars: The Force Unleashed terá versión para a nova plataforma de xogos móbiles de Nokia, N-Gage. O xogo permite ó xogador converterse no aprendiz segredo de Darth Vader nunha historia situada entre os episodios III e IV da saga de Star Wars (ou sexa, entre as 2 triloxías) que tirará (...)
Ler máis0 | ... | 6330 | 6340 | 6350 | 6360 | 6370 | 6380 | 6390 | 6400 | 6410 | ... | 6630