Vivid Entertainment quere comercializar porno a través das consolas de videoxogos

xoves, 10 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Steve Hirsch, directivo da produtora pornográfica Vivid Entertainment, leva tempo procurando levar o porno ás consolas de videoxogos coma un xeito de aproveitar a distribución dixital para chegar ao seu público, e aínda que atoparon reticencias por parte de Sony no pasado (as películas porno chegaron inicialmente ao desaparecido HD DVD precisamente por iso), agora teñen esperanzas en poder chegar a un acordo coa compañía nipona despois de que DMM comercializase no Xapón un Blu-ray que leva o porno en alta definición á PlayStation 3.
Hirsch pensa que de utilizarse un sistema de verificación de idade, non debería ser un problema a distribución de contidos para adultos na PlayStation 3, de xeito que poderían abrir a porta a venda e aluguer de porno en alta definición, pois as medidas a tomar serían as mesmas que para calquera outra película para adultos.
Dende Vivid Entertainment comezarán as negociacións a este respecto con Sony esta mesma semana, e de prosperar tamén mirarán de chegar a un acordo para incorporarse ao Bazar de vídeo de Xbox LIVE.

PUBLICIDADE