Vodafone agasalla unha subscrición de un ano a Amazon Prime

luns, 3 de decembro do 2018 Fernando Sarasketa

Para os seareiros das novas posibilidades da telefonía e, tamén, dos horizontes que abre o novo comercio ligado aos novos dispositivos tecnolóxicos, Vodafone vén de presentar unha relevante promoción para a recta final de 2018: o agasallo aos seus clientes dunha subscrición de un ano ao Amazon Prime (valorada en 36 euros). O presente, un regalo “exclusivo” en palabras da operadora, está a disposición dos clientes de Vodafone One e de plans Rede que creen unha nova conta de Amazon Prime.
A iniciativa estará en activo dende o 4 de decembro até o 7 de xaneiro. Como engadido extra, os usuarios poderán gozar do servizo Prime Video incluído no Amazon Prime. O obxectivo da operadora con esta novidade, “proporcionar acceso á meirande oferta de contidos de cinema e series”.
Para quen non o saiba, Amazon Prime é un programa de subscrición que fornece aos seus clientes de compras, lecer, envíos rápidos, envíos de balde e envíos sen límite en millóns de produtos. Ademais, acubilla no seu seo unha plataforma audiovisual, Prime Video, que estará a disposición dos clientes de Vodafone que se beneficien do dito presente, e que permite ver en streaming (ou descargar) unha manchea de películas e series de Prime Orixinal. Amazon Prime tamén incorpora o Prime Reading, un servizo que ofrece acceso por centos a libros electrónicos, historias curtas, cómics, guías de viaxe, contos de nenos e máis. A maiores, pon en xogo ofertas exclusivas e beneficios de compras (como Amazon Family, con descontos especiais en artigos para bebés e acceso prioritario a ofertas Flash) e almacenamento de fotos de balde e ilimitado con Amazon Photos.
Para máis información cómpre visitar a web específica habilitada por Vodafone: turegalovodafone.es

PUBLICIDADE