Vodafone combina ADSL, teléfono fixo e móbil en resposta a Movistar Fusión

luns, 15 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Pese a que dende Vodafone aseguraban que Movistar Fusión era unha oferta de Telefónica que lesionaba a competencia por non poder ser replicada, hoxe presentan unha nova oferta Todo en Uno coa que combinan teléfono fixo, móbil e ADSL, aínda que ´compre detallar que só os será posible contratar este produto en zonas con cobertura directa do ADSL de Vodafone e, no caso de clientes actuais de Vodafone, só estaría dispoñible para os que teñan 6 ou menos meses para concluír o seu compromiso de permanencia.
Esta nova oferta de Vodafone inclúe a cota de liña, 3.000 minutos de chamadas a fixos nacionais dende o fixo e 350 minutos durante as fins de semana a móbiles (e 1.000 minutos a móbiles de Vodafone), así como ADSL de ata 20 Mbps. No tocante ao móbil , podemos optar a 2 modalidade de contratación:
- Por 40 euros subscríbese a tarifa @XS con 150 minutos de chamadas a 150 Mbytes de tráfico a máxima de velocidade (superados redúcese a velocidade a 64 Kbps).
- Por 50 euros cóntase coa tarifa @L con 750 minutos en chamadas, mensaxes de texto ilimitadas, 750 Mbytes de tráfico de datos a máxima velocidade (superados redúcese a velocidade a 128 Kbps) e 3 números VIP con chamadas ilimitadas.
Co Todo en Uno de Vodafone asínase unha permanencia no móbil de 24 meses e de 18 meses no ADSL, e esta oferta non é compatible coa subvención de móbiles (aínda que si co seu pagamento a prazos e co programa de puntos sen permanencia). Por 5 euros adicionais ao mes tamén pode incluírse no lote o servizo Vodafone Internet TV.

PUBLICIDADE