Vodafone leva a 5G real a máis dun milleiro de praias

luns, 20 de xuño do 2022 Redacción

Vodafone despregou a súa rede 5G real nun total de 1.004 praias distribuídas en 173 municipios de todo o territorio español para ofrecer a mellor conectividade a cidadáns e turistas, especialmente durante o verán. Este despregamento forma parte da ampliación do 5G real na frecuencia de 700 MHz ao longo de 2022, que prevé marcar a diferenza nas zonas costeiras para os próximos meses.
A operadora dará acceso a conectividade 5G a clientes situados principalmente en 10 comunidades: Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Cataluña, Andalucía, Comunidade Valenciana, Murcia, Illas Canarias e Illas Baleares. Desta maneira, Vodafone adáptase ás necesidades da poboación naqueles lugares onde hai unha maior concentración de persoas en período estival, centrando a súa atención nas zonas de praia, con especial énfase nas zonas rurais.
Con estes despregamentos, a operadora maximiza a cobertura e proporcionará unha experiencia 5G real a todos os clientes que visiten ou vivan nestas zonas. Grazas á rede 5G, os habitantes destes municipios contarán con conectividade para descargar contidos a unha velocidade tres veces superior, unha menor latencia para poder visualizalos e a posibilidade de ter un maior número de dispositivos conectados de forma simultánea.
O avance na cobertura 5G de Vodafone supón grandes vantaxes para os clientes, como acceder a unha conexión de calidade, sen interrupcións e de altas velocidades. Isto permitirá, por exemplo, gozar de contidos en streaming de alta calidade sen latencias ou retardos tendo varios dispositivos conectados, obter mellor interactividade en videoxogos ou acceder a novos servizos dixitais, entre moitas outras vantaxes.
Vodafone España está a ampliar a cobertura de 5G real ao 46% da poboación e 1.000 municipios. Destes, 133 son poboacións de máis de 50.000 habitantes, 605 poboacións entre 1.000 e 50.000 e 245 son municipios de menos de 1.000 habitantes.
Esta iniciativa forma parte do propósito da compañía de conectar por un futuro mellor creando unha sociedade dixital máis inclusiva e sostible a través de redes móbiles Gigabit.

PUBLICIDADE