Vodafone leva as súas chamadas Wi-Fi aos iPhone e Apple Watch
mércores, 29 de marzo do 2023
En outubro do ano
pasado Vodafone
anunciou a activación das chamadas Wi-Fi en España, tecnoloxÃa que permite
que cunha serie de smartphone poidamos realizar chamadas de voz dende a nosa
liña móbil e coa nosa tarifa, pero empregando unha conexión Wi-Fi en vez da
rede móbil do noso operador, o que pode resultar moi práctico para interiores
de edificios nos que a cobertura móbil sexa deficiente.
Agora dan un paso máis mellorando este servizo, e Vodafone España anuncia que a
partir de hoxe os seus clientes poden activar en iPhone e Apple Watch (que
teñan instalado iOS 16.4) o servizo de Chamadas Wi-Fi, conseguindo chamadas de
máis calidade onde hai unha mala cobertura móbil pero boa conexión á Rede a través
de Wi-Fi.
As chamadas de voz realizadas a través de Wi-Fi cárganse á tarifa que teñan os
usuarios, e precisa que as liñas en concreto teñan activado o servizo VoLTE de
Vodafone, que é a caracterÃstica que tamén ofrece a posibilidade de realización
de chamadas a través da rede móbil 4G.
Lembremos
que o servizo de chamadas Wi-Fi de Vodafone funciona
con moitos móbiles de marcas distintas a Apple, como os móbiles máis populares
de Samsung, bastantes smartphones de Xiaomi, e algún móbil de Oppo, Realme,
Vivo e outras marcas.