Volve aos videoxogos a Alicia de American McGee

mércores, 21 de xullo do 2010 Marcus Fernández

En 2000 causara furor o xogo American McGee’s Alice ao amosar unha versión tétrica da Alicia de Lewis Carroll, e para que os xogadores actuais poidan recuperar esta interesante visión do conto infantil, EA e Spicy Horse están a preparar Alice: Madness Returns, unha secuela que desta volta teremos en PC, Xbox 360 e PlayStation 3, e que promete levarnos de novo ao escuro, macabro e sanguento mundo de Alicia, unha rapaza internada nun psiquiátrico por mor das secuelas que lle deixou un incendio hai 11 anos no que perdeu á súa familia e do que fuxía deslizándose ata o País das Marabillas. Agora, tras 10 anos de internamento, trasládase a Londres, pero continúan a perseguila os seus pesadelos, o que a leva a buscar refuxio no seu mundo fantástico, para descubrir que algo malo sucedeu alí nese tempo, e Alicia deberá loitar para salvar o País das Marabillas e a si mesma.
Este novo título vén de estrear páxina web e un pequeno vídeo de adianto á vez que publicaron unha serie de imaxes do xogo en acción, que dan a entender que estamos ante unha obra realmente impresionante que non defraudará aos amantes do xogo orixinal.

Algo malo aconteceu ao País das Marabillas na ausencia de Alicia
Alicia deberá loitar para salvar o seu mundo imaxinario e a súa propia vida


Primeiro teaser de Alice: Madness Returns

PUBLICIDADE