WeKAb amosará a súa proposta para formadores en Valencia

martes, 21 de abril do 2015 Redacción

Unha semana despois do lanzamento e presentación de WeKAb.com no Centro Demostrador TIC de Galicia, Juan Diego Pereiro Areán, o seu fundador, viaxa a Valencia para presentar o proxecto ante formadores e entidades formadoras do ámbito da formación para o traballo, ou lifelong learning.
A sesión de presentación da plataforma en liña de WeKAb leva por título Wekab.com: Son formador... Busco formador... desenvolverase mañá en horario de 12 a 13:30 horas no espazo valenciano de Las Naves, Espai d’’innovació i creació, xestionado polo concello de Valencia. Nesta actividade presentarase a plataforma en liña WeKAb, unha ferramenta que pon en contacto a expertos e formadores con empresas formadoras, de forma áxil e co factor reputación como eixe central. Os profesionais deste ámbito poden, grazas a WeKAb, darse a coñecer, xerar reputación, formarse e ser accesibles ás empresas formadoras.
Trátase dun proxecto cualificado como IEBT (Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica) pola Xunta de Galicia que está a ser acelerado a través do programa Galicia Open Future de Telefónica, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

WeKAb é un proxecto acelerado a través do programa Galicia Open Future en colaboración coa AMTEGA, GAIN e o IGAPE

PUBLICIDADE