WhatsApp consegue frear os reenvíos masivos

luns, 27 de abril do 2020 Marcus Fernández

As restricións de WhatsApp para os reenvíos masivos de mensaxes como un xeito para frear a desinformación en plena pandemia están a dar os seus froitos, e aseguran que os novos límites aos reenvíos simultáneos fixeron que a difusión de mensaxes altamente reenviadas caese un 70% globalmente.
Cómpre lembrar que Facebook aplica medidas contra a desinformación etiquetando contidos que poden ser falsos grazas a información achegada por verificadores de feitos independentes, pero esta funcionalidade en WhatsApp non pode aplicarse, xa que as mensaxes están cifradas de extremo a extremo, polo que non se coñece o seu contido, á vez que tampouco conteñen ligazóns que faciliten identificar a súa orixe, polo que non poden establecer métodos efectivos para loitar contra as falsidades, e optan directamente por evitar os reenvíos masivos tras constatar que precisamente os díxomes son máis virais que calquera outro contido.

PUBLICIDADE