Windjammers chega a PS4 e PS Vita

martes, 29 de agosto do 2017 Marcus Fernández

Hai algo máis dun mes DotEmu confirmou que estaba a ultimar o lanzamento dunha adaptación do clásico xogo de recreativa Windjammers para permitir que os usuarios de PlayStation 4 e PlayStation Vita poidan xogalo nas súas máquinas actuais, e finalmente o xogo está dispoñible para a súa compra na PlayStation Store a un prezo de 14,99 euros (o xogo inclúe Cross-Buy entre PS4 e PS Vita).
Este xogo arcade no que dous xogadores enfróntanse nunha cancha lanzando discos de metal á meta do seu rival para conseguir puntos, parecendo unha mestura entre o voleibol e o clásico Pong, non se limite a trasladar directamente o xogo de Neo-Geo, senón que tamén engádelle opcións, e así podemos xogalo en 5 modos diferentes: arcade, infinito, duelo local, partida rápida en liña e partida igualada.
Como no título orixinal, a revisión de Windjammers conta con 6 personaxes únicos, 6 escenarios e 2 minixogos (carreira canina e birlos), incorporándoselle novos menús en alta definición e marquesiñas laterais para axustar a imaxe orixinal a pantallas panorámicas.
Para este relanzamento DotEmu publicou un novo tráiler con aires retro homenaxeando aos anuncios de videoxogos de primeiros dos anos noventa:

PUBLICIDADE