Windows 7 venderase en Europa sen navegador web

mércores, 10 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A versión europea de Windows 7 carecerá do Internet Explorer 8

A Comisión Europea tomou medidas contras as prácticas monopolísticas de Microsoft, e comunicou á compañía de Redmond que debería eliminar o Internet Explorer do seu sistema operativo, e finalmente Microsoft fará caso , e está a traballar nunha versión de Windows 7 sen o navegador web.
A compañía confirmou que ofrecerá o Internet Explorer 8 por separado e de balde, o que permitirá que os fabricantes decidir se incluirán o navegador de Microsoft de serie (ou optan por outro da competencia).
O certo é que a medida da Comisión non parece moi necesaria, pois en Europa xa goza de bastante sona o Firefox, que ten cada vez unha maior cota de mercado, e o Explorer tería que conformarse só co 59,5% da cota de mercado.
A versión do sistema operativo sen navegador chamarase Windows 7 E, para diferenciar claramente que se trata dunha distribución europea do mesmo.

PUBLICIDADE