Windows Live Hotmail incrementa a súa capacidade ata 5 Gb e incorpora novas prestacións

martes, 14 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Microsoft está a actualizar o seu servizo Windows Live Hotmail de xeito que incrementará a súa capacidade ata os 5 Gb no caso dos usuarios básicos e 10 Gb para os usuarios de pago (MSN Premium e Hotmail Plus) co que pretenden superar ós 2,89 Gb que actualmente da Google no seu Gmail.
Pero o servizo de Hotmail non só mellorou na súa capacidade de almacenamento, senón que tamén incrementou a súa velocidade, a calidade do servizo, o tempo que os ficheiros permanecen no lixo antes do seu borrado definitivo e os filtros contra o correo lixo, incorporando novas caracterísitcas coma o reenvío automatico de mensaxes, o soporte de linguaxes con escritura de dereita a esquerda (coma o árabe ou o hebreo), a posibilidade de permitir ou non a visualiación de imaxes en correos, a opción de incluír logos corporativos no servizo (para empresas e entidades que utilicen o servizo para o seu correo propio), a posibilidade de aceptar solicitudes de xuntanzas de Outlook (que se engadirán automaticamente ó Calendario do usuario se procede), as respostas automáticas en períodos vacacionais e un sistema para evitar a duplicidade de contactos (axudando na organización dos mesmos cada vez que engadimos un novo e permitindo limpar a libreta de enderezos actual grazas a un asistente).

PUBLICIDADE