Windows XP incorpora o soporte de particións exFAT

venres, 30 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios de Windows XP atoparon en moitas ocasións problemas para traballar con particións de disco duro de grande tamaño que non estivesen formatadas en NTFS, pois o sistema operativo de Microsoft non compatible con exFAT, polo que de querer utilizar unha partición deste tipo non podería superar os 32 Gb de tamaño fixado como máximo para FAT32.
Para arranxar este problema Microsoft vén de lanzar un controlador para Windows XP SP2 e SP3 que incorpora soporte de exFAT, o que permite formatar memorias USB, tarxetas SD ou discos duros que superen os 32 Gb de tamaño, o que resulta especialmente práctico para discos duros externos, que en moitos casos empregan este tipo de sistema de arquivos para poder funcionar en distintos sistemas operativos (pois Windows, Mac OS X e Linux soportan FAT de xeito nativo).

PUBLICIDADE