Wordpress 2.6 será compatible con Google Gears

luns, 19 de maio do 2008

Unha das plataformas de creación de blogs máis populares, Wordpress, está a preparar a adaptación para que a súa versión 2.6 sexa compatible con Google Gears, de xeito que será posible o uso fóra de liña dos blogs creados baixo esta solución.
Os administradores de blogs en Wordpress 2.6 que teñan Google Gears instalado poderán así escribir as súas anotación sen conexión á Rede, para actualizar os contidos unha vez que se conecten, servindo tamén para repasar as nosas anotacións incluso cando non contemos con acceso á Internet.

PUBLICIDADE