X permite ocultar o selo de verificación azul por mor da súa mala reputación

mércores, 2 de agosto do 2023 Marcus Fernández

Coa chegada de Elon Musk a Twitter déuselle prioridade á captación de recursos económicos a través das subscricións de pagamento coñecidas como Twitter Blue, que pasaron a converterse no único xeito de lucir un selo de verificación a carón do nome de usuario.
Aínda que este servizo estaba orientado a gozar de vantaxes como subir vídeos de maior duración, ver menos publicidade ou poder editar chíos, converteuse practicamente nunha mostra de adhesión incondicional ás tolerías de Elon Musk, facendo que a marca azul para moitos significase que detrás estaba unha persoa cunha afín á extrema dereita proclive a divulgar desinformación e a crer en teorías conspiranoicas, polo que os usuarios que realmente estaban subscritos a Twitter Blue sentíanse incómodos de compartir con eles tal etiqueta, e en resposta a este malestar veñen de ampliar as posibilidades de personalización do perfil de usuario, que agora, aparte de permitir ocultar as subscricións que se fan na plataforma, tamén permite agochar a marca de verificación azul.
Aseguran que esta opción aínda non funciona á perfección, de xeito que nalgúns apartado de X continuará a indicarse que o usuario está subscrito ao servizo agora coñecido como X Blue.

PUBLICIDADE