XOHM limitará o uso da súa rede WiMAX

martes, 30 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios que non poden contar con acceso a redes ADSL ou cable de calidade que puxesen as súas esperanzas en tecnoloxías coma o WiMAX poden ver como a comercialización deste tipo de redes boten por terra todas as expectativas de seguir os pasos de Sprint, operadora que está a iniciar os servizos a través da súa filial XOHM, e que nas súas condicións de uso detallan que poden empregar métodos para limitar o largo de banda dispoñible para certas aplicacións de consumo intensivo (o que podería afectar a servizos de VoIP) ou para protocolos coma os que permiten o intercambio de arquivos, coa desculpa de dar unha mellor calidade de servizo, ou sexa, que seguiría os pasos das redes 3G, que tamén limitan o uso que se pode facer da Internet.
De converterse nunha práctica xeneralizada a limitación das conexións por WiMAX teriamos que esta tecnoloxía se convertería nunha alternativa máis rápida ás conexións UMTS e HSDPA, pero non poderían substituír totalmente ás redes de cable actuais, por desgraza para os cidadáns que non contan con acceso ás mesmas.

PUBLICIDADE