Xa está dispoñible na Rede información sobre a nova edición de Roteirríos

mércores, 21 de febreiro do 2007

Roteirríos é unha iniciativa do Proxecto Ríos con moi fortes ligazóns á Rede, tal e como lles informaron os seus responsables ós medios de comunicación no Club Internacional de Prensa (Santiago), este mércores 21. Non en van, a web do dito proxecto será un dos grandes puntos de encontro (a liña de saída) entre as persoas interesadas en participar neste programa de itinerarios pola paisaxe galega e que chega agora á súa edición 2007. O obxectivo do mesmo é cinguir os ríos ás persoas, e viceversa, a través dunha serie de actividades lúdicas. Roteirríos, que vai dirixido a toda a cidadanía galega interesada en coñecer o noso rico patrimonio fluvial, vaise centrar neste ano na conca do Miño, principalmente, con roteiros pola beira galega e portuguesa.

PUBLICIDADE