Xa se pode descargar en formato PDF o nº 0 do xornal Galicia

martes, 22 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A Rede de Acción Socio-cultural Arredemo e o colectivo Burla Negra, indignados polo proceso de liquidación do proxecto cultural de Sargadelos presentará e distribuirá o número cero do xornal Galicia dende as 19:30 horas deste mércores no Instituto Galego de Información, coincidindo co remate da xunta de accionistas no que previsiblemente será cesado nas súas funcións Isaac Díaz Pardo. O exemplar simbólico da publicación Galicia, do que se tirarán uns 3.000 exemplares de 24 páxinas, xa se pode descargar da web de Arredemo en formato PDF.
O xornal Galicia era o obxectivo fundacional do IGI, e coa recuperación da publicación pretenden denunciar e chamar á reflexións sobre a situación social, cultural e ambiental que atravesa a nosa comunidade, así como apoiar a Isaac Díaz Pardo no difícil momento ó que se enfronta.

PUBLICIDADE