Xa se pode descargar o SP1 para Office 2007

mércores, 12 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Os usuarios de Office 2007 poden xa descargar unha actualización da aplicación, o Service Pack 1, que mellora a súa estabilidade , eficiencia e seguridade para consolidar o uso da última versión da solución ofimática de Microsoft.
O SP1 impide que Communicator permita ó mensaxeiro instantáneo o uso dunha listaxe de distribución por motivos de seguridade, os usuarios da versión para Windows Server 2008 poderán usar SharePoint, as partes web de SharePoint serán compatibles con ASP.net AJAX, se eliminou o retraso na apertura de ficheiros PST de Outlook de grande tamaño, se mellorou a accesibilidade das iconas de presenza e se eliminou o erro de Excel que con 65.534 filas se contaban 100.001.

PUBLICIDADE