Xbox LIVE Gold será de balde esta fin de semana

venres, 23 de maio do 2014 Marcus Fernández

Para animar aos usuarios de Xbox 360 a contratar o seu servizo de subscrición de pagamento Xbox LIVE Gold, que permite xogar en rede, xunto con outros servizos, Microsoft organiza periodicamente promocións nas que durante varios días permite o acceso de balde ao servizo, como esta fin de semana, de xeito que entre os días 23 e 25 de maio o Gol será de balde, unha oportunidade para que moitos usuarios poidan botar un ollo aos modos en liña que ofrecen algúns dos seus xogos como no último xogo de FIFA ou o Grand Theft Auto V.
Tamén cómpre lembrar que a subscrición de Gold permite o uso de aplicacións de lecer como Wuaki, RTVE ou o propio navegador web Internet Explorer, á vez que inclúe dous xogos de balde ao mes valorados ata en 35 euros (nesta quincena o título ofrecido é Saints Row: The Third), e todo por só 5 euros/mes.


Vídeo promocional do desbloqueo de Xbox LIVE Gold durante esta fin de semana

PUBLICIDADE