Xeopesca.com gaña dous premios da nova edición do certame de software libre de PortalProgramas

xoves, 19 de decembro do 2013 Fernando Sarasketa

Pablo Belay, creador de XeoPesca

Xa temos os gañadores do certame 2013 de mellores iniciativas de programación aberta que convoca o Observatorio Tecnolóxico de PortalProgramas.com. E hai sen dúbida boas novas que dar: tal e como se viña anunciando a longo do período de votación en aberto (no que puidemos participar tódolos internautas achegando as nosas valoracións), a categoría de Software Libre Máis Revolucionario ía ter claramente presenza galega. E tanto que foi finalmente así, xa que a iniciativa gañadora foi XeoPesca, unha proposta galega que, como lembraremos, non para de sumar recoñecementos: hai pouco o seu creador Pablo Belay recolleu de mans do CIXUG e AMTEGA o Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con software libre. Asemade, tamén se impuxo na modalidade de Software con Meirande Potencial de Medre.
Como recordaremos, os galardóns de PortalProgramas diríxense a amosar os mellores programas e blogs do ámbito do código aberto aos usuarios e aos lectores (eles propoñen e eles votan). Este ano, informan os organizadores do certame, os internautas nomearon un total de 171 programas nas 10 categorías dispoñíbeis, e apoiándoos con case 14.000 votos.
A continuación, damos conta do resultado final das votacións.
Mellor Blog de Software Libre
Primeiro posto: Software Libre e Cooperación
Segundo posto: MuyLinux
Terceiro posto: OpenWebinars.net
Meirande Potencial de Medre
Primeiro posto: XeoPesca. Segundo informan dende PortalProgramas, este proxecto desenvolve unha aplicación de gran utilidade para patróns e armadores de PEME pesqueiras; permite rexistrar unha gran cantidade de información sobre caladoiros, localizacións, rutas de pesca... é a primeira ferramenta deste tipo en software libre que hai, e posibilita aos pescadores competir contra as grandes multinacionais que xa contan con sistemas avanzados de software privativo.
Segundo posto: Lzip
Terceiro posto: KDE Software Compilation
Mellor sofware libre para móbil
Primeiro posto: OsmAnd
Segundo posto: Sailfish VOS
Terceiro posto: Adblock Plus
Software libre máis popular
Primeiro posto: LibreOffice
Segundo posto: Firefox
Terceiro posto: Reprodutor VLC
Software libre máis revolucionario
Primeiro posto: XeoPesca. A xuízo de PortalProgramas, “nun mundo no que todo parece estar inventado e poderiamos pensar que non queda oco para proxectos novos, XeoPesca explota un nicho inexplorado no que até agora só entraran caros programas privativos. Co seu proxecto pode potenciar moito a competitividade das PEME pesqueiras que tanto sofren contra a competencia das grandes multinacionais”.
Segundo posto: Lzip
Terceiro posto: GNU Health
Esencial para a Web
Primeiro posto: CentOS
Segundo posto: Adblock Plus
Terceiro posto: Apache
Esencial para a tecnoloxía
Primeiro posto: GNU/Linux
Segundo posto: Android
Terceiro posto: Gnome
Esencial para a comunicación
Primeiro posto: Pidgin
Segundo posto: Chamilo e-learning
Terceiro posto: WordPress
Esencial para redes de comunicación
Primeiro posto: Tor Project
Segundo posto: Debian
Terceiro posto: OpenNMS
Esencial para as empresas
Primeiro posto: OpenKM
Segundo posto: Lzip
Terceiro posto: http://www.portalprogramas.com/

PUBLICIDADE