Xornada de fomento da I+D+i no sector da construción

mércores, 25 de abril do 2007

A Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia e maila Universidade de A Coruña organizan o vindeiro venres día 27 de abril unha xornada de fomento da I+D+i no sector da construción.
O evento, que terá lugar no edificio Xoana Capdevielle da Coruña, de 10 a 13 horas, vai dirixido ós profesionais das empresas interesadas en coñecer as oportunidades existentes en materia de innovación e desenvolvemento tecnolóxico nun ámbito no que, cada vez máis, se tende a apostar polas accións baseadas no crecemento sostible.

PUBLICIDADE