Xuntanza tecnolóxica en Ferrol

luns, 12 de abril do 2010

A Xuntanza Tecnolóxica Empresa Universidade celebra a súa sexta edición entre os días 15 e 16 de abril en Ferrol. A súa presentación oficial terá lugar en rolda de prensa o vindeiro luns, día 12 de abril, ás 11:00 horas, no Salón de Actos da Escola Universitaria Politécnica de Serantes. Na VI Xuntanza Tecnolóxica Empresa Universidade levaranse a cabo conferencias, talleres, exposicións de arte tecnolóxica ou cursos de condución eficiente. Disporase dunha zona de postos para as distintas empresas participantes no evento.

PUBLICIDADE