Yahoo xestionará o servizo de balde (con publicidade) de Hulu

martes, 9 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Aínda que a compra de Yahoo! por parte de Verizon non se completará até o ano que vén, os cambios na compañía non cesan, e un dos máis rechamantes dos últimos días é que veñen de lanzar unha nova plataforma audiovisual nos EE.UU., Yahoo View, que busca converterse no paraugas para os usuarios de balde de Hulu, servizo de vídeo que ofrece películas e series de televisión que até o momento gozaba dun plan de balde con publicidade totalmente de balde, que muda a Yahoo View, mentres que Hulu limitarase agora a ofrecer un plan con publicidade limitada por 7,99 dólares/mes e sen anuncios por 11,99 dólares/mes.
Deste xeito Hulu consolídase como unha plataforma de pagamento de contido á carta, na liña de Netflix, mentres que Yahoo View seguiría un modelo de negocio semellante ao da televisión tradicional, con milleiros de episodios de series de televisión, películas e outros contidos, entre os que non faltan series de éxito como Scandal ou Empire, e incluso series de animación xaponesas con subtítulos (como One Punch Man) engadindo unha capa social á experiencia a través de Tumblr, onde poderanse compartir escenas adicionais, resumos e imaxes dos episodios.
Polo momento esta nova plataforma só está dispoñible vía web, pero en breve contará con versión móbil, aínda que continuará a restrinxirse xeograficamente aos EE.UU.

PUBLICIDADE