Yoigo prepara tarifas de banda larga doméstica

xoves, 2 de marzo do 2017 Marcus Fernández

Estes días Yoigo está a promocionar as súas tarifas combinadas de móbil, fixo e Internet por fibra óptica, que permiten elixir as tarifas que máis nos conveñan para o noso móbil e contratalas conxuntamente con conexións de fibra óptica de 50 ou 300 Mbps, incluíndo chamadas a fixos nacionais ilimitadas e 60 minutos en chamadas a móbiles, con prezos bastante competitivos, e que en breve estarían acompañados por unhas tarifas bastante sorprendentes para un operador móbil, xa que permitiría a contratación de accesos á Rede dende o fogar sen liña móbil.
Estas novas tarifas estrearanse o vindeiro día 8 e serían La de casa 20 (con conexión ADSL de até 20 Mbps por 35 euros/mes), La de casa 50 (con fibra óptica de 50 Mbps por 45 euros/mes) e La de casa 300 (con fibra óptica de 300 Mbps simétricos por 45 euros/mes) e, aínda que non son tarifas converxentes, inclúen sen custo adicional unha liña móbil con chamadas a 0 céntimos/minutos (cun establecemento de chamada de 20 céntimos) e 500 MB de datos (que unha vez consumidos activan unha redución de velocidade da liña a 128 Kbps).
A diferenza de prezo destas novas tarifas coas converxentes é moi reducida (uns 4 euros) pero podería ser de interese para quen queira contratar o acceso á Internet do fogar con Yoigo pero prefira manter a súa liña móbil por separado.

Último vídeo promocional de Yoigo que pode verse en televisión

PUBLICIDADE