Yoigo reforza a súa rede 5G en País Vasco, Asturias e Galicia

venres, 3 de setembro do 2021 Marcus Fernández

O Grupo MásMóvil anunciou hoxe que unha das súas marcas, Yoigo, conseguiu levar o seu servizo de 5G até 553 cidades e concellos en 39 provincias españolas grazas á súa última ampliación que permitiu chegar ao 48% da poboación española, destacando que entre as comunidades onde reforzaron a 5G foi en País Vasco, Asturias e Galicia, onde contan xa con máis de 400 nodos con esta tecnoloxía.
Yoigo tamén conta no seu catálogo con máis de 30 smartphones con 5G, presumindo de ser o primeiro operador de España en ofrecer terminais 5G de balde aos seus clientes, como o Redmi Note 10 5G e o Samsung Galaxy A22 5G, que ofrece sen custo adicional coa tarifa de contrato La Sinfín GB Infinitos ou cona Fibra + Sinfín GB Infinitos. Outros smartphones que ofrece a condicións vantaxosas serían o Samsung Galaxy A32 5G (cunha tableta Galaxy Tab A7) por 5 euros/mes durante 24 meses + 99 euros de pagamento final coas tarifas antes indicadas ou o Oppo A74 5G (cun portátil Lenovo Ideapad1) por 5 euros/mes durante 24 meses + 129 euros de pagamento final coa tarifa de contrato Doble Sinfín 60GB ou coa tarifa Fibra Sinfín GB Infinitos.

PUBLICIDADE