YouTube Direct facilita o xornalismo cidadán

martes, 17 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Grazas á popularización das cámaras de vídeo (presentes incluso nos teléfonos móbiles) o xeito no que recibimos as novas cada día está a mudar, de xeito que case calquera evento vese rexistrado audiovisualmente, permitindo facer que os cidadáns actúen coma reporteiros en momentos puntuais, que grazas ao portal de vídeo de Google pode converterse nunha posibilidade cada vez máis habitual e doada a través de YouTube Direct, servizo que permite ás organizacións mediáticas solicitar, revisar e retransmitir clips de YouTube directamente dos usuarios de YouTube, cunha aplicación aberta que permite habilitar versións personalizadas da plataforma para subir vídeos de YouTube nos seus propios sitios.
Os usuarios pode subir vídeos directamente na aplicación, o que tamén permite á organización que invita unha revisión doada dos vídeos remitidos, e así seleccionar os mellores para a súa emisor ou para a súa publicación na web, vivindo tamén estes contidos en YouTube, mellorando así a súa exposición, ao estar accesibles para unha audiencia moi ampla.
Aínda que a idea de YouTube Direct sexa a de remitir contidos a medios de comunicación, tamén servirá para organizacións sen ánimo de lucro, partidos políticos ou calquera outro colectivo que queira aproveitar a forza da Rede nas súas iniciativas en liña.
Neste momento xa utilizan esta ferramenta medios coma The Huffington Post, o San Francisco Chronicle ou o The Washington Post, que nestes últimos casos parece limitarse á publicación de respostas en vídeo, pero que pouco a pouco podería converterse nunha solución de envío de vídeo potente, especialmente se temos en conta que estes días dende YouTube están a traballar na adaptación do seu sistema para normalizar os vídeo en Full HD (ata o momento a súa alta definición quedaban nas 720 liñas en progresivo).


Explicación oficial de YouTube Direct

PUBLICIDADE