YouTube estrea canle de tráilers

martes, 23 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Para facilitar o acceso a tráilers cinematográficos dende YouTube veñen de crear unha canle propia para os mesmos, nos que os avances das últimas películas están accesibles en boa calidade (case todos en alta definición) e organizados en 3 categorías: Popular, Máis recente, En carteleira e Vindeiras Estreas.
Desafortunadamente, a información que serve para indicar que unha película está ou non estreada dentro da canle de tráilers de YouTube baséase no calendario norteamericano, polo que aínda que a interface desta sección do portal de vídeos de Google estea traducida, non acontece o mesmo cos contidos, á vez que tampouco aparecen os vídeos en español.
De todos os xeitos, non serán poucos os internautas en recibir con agrado esta alternativa á canle de tráilers de Apple (que precisaba de ter instalado o reprodutor multimedia Quicktime).

PUBLICIDADE