YouTube permite ver capÃtulos completos de varias series de televisión nos EE.UU.
luns, 13 de outubro do 2008
- Episodio de Star Trek reproducido en Vista Teatro
A pasada semana
YouTube estreaba
nunha serie de vÃdeos a Vista Teatro
adaptada para amosar contidos en formato panorámico e de longa duración, e
avanzando nesta dirección ofrece agora a posibilidade de ver episodios completos das
series de televisión Star Trek, MacGyver e Sensación de Vivir, aÃnda que estes contidos só se poden
ver polo momento dende os EE.UU.
As series pertencen á CBS, que é a primeira canle en animarse a ofrecer as súas
series de balde a través do portal de vÃdeos de Google de balde (pois antes
cobraba polo velas a través da Internet), e aÃnda que esta iniciativa se limita
a certas series nostálxicas, dende YouTube esperan captar a moitas canles de
televisión que decidan utilizar a súa web como canle de distribución.
Cómpre destacar que os episodios de series incorporan
un formato publicitario anteriormente rexeitado por YouTube, os pre-rolls ou anuncios
previos, que teñen unha duración moi curta (15 segundos) e que tamén poderÃan
vir acompañados con anuncios a posteriori e mesmo con pausas publicitarias, o
que polo momento se trata dun experimento para ver cómo funcionan estes
formatos publicitarios (tanto en eficacia como en aceptación).
Nos EE.UU. xa existen varias plataformas que ofrecen series de televisión de
balde, mentres que en España a tendencia se limita a un par de canles de
televisión que fan o propio dende a súa web, polo que parece que estamos
illados a toda unha revolución audiovisual que a Europa (coa excepción do Reino
Unido) poderÃa chegar cun enorme retraso.