YouTube permitirá reprodución vídeos a 1.080p a vindeira semana

venres, 13 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Dende YouTube están a experimentar coa información de vídeo en Full HD, e incluso veñen de adiantar que a partires da semana que vén o portal de vídeo de Google dará soporte para ver vídeos tanto a 720p (como fan actualmente) ou 1.080p, dependendo da resolución orixinal do vídeo publicado.
Aínda que resulte sorprendente, dende YouTube están a tomar esta medida por mor da mellora de resolución das cámaras domésticas, que en moitos casos xa superan de xeito importante os gráficos a 720p, e opten polos 1.080p coma podemos ver nun vídeo de proba que gravaron cunha cámara Toshiba Camileo S10:

PUBLICIDADE