Zarpamos anuncia os gañadores do seu concurso para proxectos emprendedores

mércores, 20 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

O pasado venres celebrouse na Coruña a xornada final de selección de proxectos do Concurso motiON organizado pola aceleradora de empresas Zarpamos, que ten como obxectivo seleccionar proxectos emprendedores que pasarán a formar parte das súas empresas aceleradas, que nunha primeira quenda contou cun total de 24 proxectos que foron avaliados polos seus partners e mentores, dos que seleccionaron a 10 finalistas aos que recibiron neste último encontro para seleccionar a 6 gañadores (e 2 suplentes).
O xurado deste concurso repartiuse en 4 mesas polas que foron pasando os proxectos, para analizalos en profundidade, compartindo comentarios e opinións entre partners, mentores e emprendedores, en conversas construtivas que axudan a comprender o potencial dos proxectos. Entre os mentores presentes podemos destacar a Tina Yang, Tech & Wireless Executive de Truphone; Fernando Vázquez, director xeral de Imatia; Axel Serena, director xeral de Vittalia e Business Angel; e Roi Correa, director xeral de Menus.es; que coa súa experiencia en iniciativas de éxito puideron resultar de inestimable axuda a esta fase de selección que leva a negociar a entrada en Zarpamos dos seguintes proxectos:
· KollectBox, orientado a coleccionistas
· FaceDetection, sistema de etiquetado automático mediante intelixencia artificial
· Kuiik, xestión de CRM e marketing útil
· Lukkom, servizo social de negocios
· Appvisor, plataforma de servizos profesionais do coñecemento
· Wob, xestión da información para marcas
Quedan entre os suplentes os proxectos Lookality e IAM Detecytor.

Os proxectos presentados foron analizados polo miudo
Javier Rocamora dando detalles sobre o proxecto Appvisor na xornada do pasado venres
Tina Yang (Truphone) foi unha das mentoras do concurso organizado por Zarpamos
Durante a xornada do día 15, partners, mentores e emprendedores puideron intercambiar comentarios sobre os distintos proxectos aspirantes a seren acelerados por Zarpamos
Roi Correa, de Menus.es, é un dos mentores do Concurso motiON
Os finalistas puideron amosar os seus proxectos ante mentores e partners do Concurso motiON

PUBLICIDADE