bbPress 1.0 facilita a creación de foros dun xeito semellante á xestión de Wordpress

luns, 6 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Ao igual que para contar cun blog personalizable e realmente potente os usuarios poden optar por instalar Wordpress, cando queren facer o propio cun foro tamén teñen grandes alternativas coma phpBB, Vbulletin ou bbPress, estando esta última ferramenta moi relacionada co Wordpress (contando tamén con engadidos e temas) que vén de chegar á súa versión 1.0, polo que podemos considerar que tras case 3 anos de traballo é un produto realmente solvente.
bbPress 1.0 é un sistema de foros bastante estable, que incorpora un deseño semellante ao de Wordpress 2.8, soporta pingbacks, emprega Jquery para o javascript, permite o acceso por nome de usuario ou por enderezo de correo electrónico e incluso a opción de xestionar e publicar dende aplicacións externas a través dunha API para XML-RPC.
En definitiva, que os usuarios que están familiarizados con Wordpress contan agora cunha interesante plataforma de creación e xestión de foros coa que poden traballar dun xeito moi doado.

PUBLICIDADE