fonYou revoluciona a telefonía móbil en España

xoves, 9 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Hoxe presentouse en España un novo concepto de telefonía móbil en liña que permitirá xestionar todas as chamadas dende a súa páxina web, podendo redirixilas ao teléfono que queiramos e xestionar a axenda de contactos, asignado a cada un respostas personalizadas.
Este novo e revolucionario servizo chámase fonYou, e a compañía que o xestiona é un Operador Móbil Virtual (OMV) que operan cun acordo con Movistar, e para funcionar non precisa dunha nova tarxeta SIM nin cambiar de operadora, xa que este sistema non substitúe, senón que complementa á telefonía tradicional. Así, fonYou funciona coma unha centraliña en liña, que non só serve para redirixir chamadas, senón que tamén xestiona as mensaxes nas caixas de voz e as mensaxes de texto.
Esta compañía comeza hoxe a funcionar en fase de probas, durante a que o servizo será de balde para quen o solicite a través da súa páxina web, para entrar a operar de xeito ordinario antes de rematar o presente ano.

PUBLICIDADE