Volve a estar operativa a web Yend IT

martes, 30 de outubro do 2007 Marcus Fernández

O peche de Yend IT o pasado verán daba a entender que as páxinas web dedicadas á publicación de películas e series de televisión hospedadas no servizo Stage6 de DivX estaban en perigo de extinción, pero agora parece que volven con forza, e tanto Yend IT coma Sinlamula (outra web popular que permaneceu inactiva temporalmente) están a dar guerra no que podería ser unha das maiores ameazas ós dereitos de autor dende o P2P, xa que estas plataformas achegan vídeos de alta calidade sen precisar de máis recursos que a instalación dun engadido ó noso navegador web.
Neste momento Yend IT amosa tanto capítulos de series de televisión (recentes e vellas) así como películas (tanto en calidade DVD como gravacións de baixa calidade das últimas estreas cinematográficas) polo que resulta abraiante que a mesma Industria que denuncia a servidores de BitTorrent e usuarios de KaZaA non tome medidas contra un servizo cada vez máis popular que permite o acceso indiscriminado a contidos audiovisuais que tanto se poden ver na web como descargar ó disco duro do usuario.

PUBLICIDADE