Yacom+, a nova oferta de ADSL + chamadas + televisión

mércores, 21 de maio do 2008 Marcus Fernández

As operadoras de cable comercializan combinados de teléfono, televisión e Internet, e para facer fronte a tal oferta Sogecable e Yacom chegaron a un acordo para comercializar Yacom+, un paquete que inclúe unha conexión de ADSL a 10 Mbps con chamadas a teléfonos fixos de toda España xunto co paquete máis básico de Digital+ (Canal+ Digital) por 29,95 euros/mes ata o mes de setembro (incluíndo un router Wi-Fi e un teléfono DECT de balde).
Para acollerse a esta oferta é preciso estar nunha zona con cobertura da rede de Yacom, polo que os prezos deste novo produto incluirían a cota de liña, aínda que pasado o período promocional habería que aboar 34,74 euros/mes polo servizo de Yacom e 19,95 euros/mes pola televisión de Digital+ (paquete que se pode mellorar pagando a diferenza de prezo correspondente).

PUBLICIDADE