O FIFA 09 arrasa en vendas en España

martes, 14 de outubro do 2008 Marcus Fernández

A semana pasada comentamos que o FIFA 09 xa ocupaba os 3 primeiros postos das listaxes de vendas de videoxogos no Reino Unido, apuntando que en España a situación aínda podería ser máis favorable para a saga futbolística de Electronic Arts xa que a compañía conta en exclusiva cos dereitos da Liga de Fútbol Profesional, e Media Control GfK Intetational o confirma, pois resulta que o xogo de fútbol en España conseguiu facerse con 3 dos 10 primeiros postos en vendas.
Así, as tres primeiras posicións corresponderían ao FIFA 09 para PS3, Xbox 360 e PS2, mentres que a versión para PSP quedaría nunha sétima posición e a de PC se tería que conformar cun posto 9. O xogo de fútbol conseguiu así que Wii Fit, Wii Play e Mario Kart Wii se tivesen que conformar con postos entre o 4º e o 6º, cando a Wii reinou durante boa parte do ano en Europa, e tamén é destacable que El Poder de la Fuerza para PS3 se colase no posto 8 mentres que o Warhammer Online: Age of Reckoning conseguiu colar un título para PC entre os xogos máis vendidos (o que acontece en contadas ocasións).

PUBLICIDADE